Seguridade nas súas compras
As comunicacións entre a nosa Tenda virtual, os clientes e Caixa Galicia realízanse con total garantía, dado que a aplicación funciona mediante SSL (Secure Socket Layer), o protocolo de seguridade de Comercio electrónico mais difundido actualmente e que proporciona:
Privacidade nas comunicacións: evítanse escoitas inapropiadas.
Autentificación: evita que o servidor de Caixa Activa sexa suplantado.
Integridade nas mensaxes: evita falsificacións da información.
Os datos transmítense encriptados e protexidos de forma que a confidencialidade dos mesmos esta amplamente garantida.
A Pasarela de Pagos funciona nun servidor seguro cun certificado de seguridade emitido por Verisign. (http://www.verisign.com) 
Cando vostede se conecta desde calquera punto de acceso a Internet á nosa Tenda virtual e realiza unha compra:
1.
Nós recibimos a información do pedido que realizou vostede; número de artigos, importe, referencia, etc.
2.
Cando desexa realizar o pago, conéctase a unha páxina segura onde se lle solicita o número do seu cartón de crédito/débito e data de caducidade
3.
Os datos do cartón viaxan cifrados a Caixa Galicia para que tramite a súa autorización, é dicir, con toda seguridade sen que nós teñamos acceso a eses datos (nin coñecemos o número, nin a data de caducidade), de modo que só temos información do pedido (importe, produto, etc.); con todo, Caixa Galicia coñece os datos do seu cartón pero non do pedido.
ENTRAR

