Introdución

Os extractos de malta son en forma de xarope ou melaza aromatizados e deshidratados. Noutros países é o xeito máis popular de elaboración de cervexa na casa.

Vantaxes

TEMPO de cada sesión curto. Obtención dun mosto fermentable en ½ hora.

EQUIPO MÍNIMO. Aforro de espazo na casa. Reducida inversión inicial.

Tipos

A maioría están preparados para obter 20-23l de cervexa, cunha densidade variable dependendo do tipo de cervexa. Existen diferentes envasados, atendendo ó peso que conteñen en xarope ou melaza. Así podemos atopa-los seguintes:

De 1,5 kg . Son os máis consumidos. Para obte-lo mosto, o fabricante recomenda engadir 500g de azucre co fin de aumenta-la densidade. Pódense mellorar extraordinariamente os resultados substituíndo o azucre por spraymalt.

De 1,8 kg . Tamén é necesaria a adición de azucre para obter un mosto de maior densidade. Aínda que o seu contido en xarope é maior.

De 3 / 3,6 kg . Como o contido en xarope é maior, poden producir unha cervexa que se aproxima a unha de todo gran. Este tipo non precisa azucre e xera cervexas con corpo, nas que se poden percibi-los aromas a malta.

Os nosos produtos están elaborados cos mellores ingredientes naturais. Extractos concentrados de malta e/ou de trigo. Co fermento convertímo-lo azucre en alcohol. Este proceso debe realizarse nun envase pechado, durante unha semana. Despois déixase envellecer de dúas a oito semanas. E xa está lista para que a bebas.

Con eles poderás elaborar dun xeito sinxelo e divertido a túa propia cervexa na casa, estilos de cervexa coma unha lager, pilzen, bitter, brown ale, mild porter, pale ale, stout, weizen, barley wine, etc. De feito, cun pouco de paciencia e imaxinación poderás crea-lo teu propio estilo de cervexa que degustarás cos teus amigos e a túa familia.

O dito: “sinxelo e á vez divertido”.




Copyright © 2006. Home Beer Ibérica