Elaboracion

1.Esteriliza todo o que vai estar en contacto coa cervexa; para iso, utiliza algún produto esterilizante dos que existen no mercado (segui-las indicacións do fabricante). Mergulla tódolos utensilios nesta solución. Ferve 2L de auga no cazo. Engade 500gr. de azucre ou Spraymalt e disólveo ben, despois engade o extracto de cervexa e disólveo tamén.

2. No cubo de plástico, bota 9L de auga, e engádelle a mistura realizada no paso 1. Tes que engadir máis auga, de xeito que obteñas un total de 22,5L. y o removes ben. É importante asegurarse de que toda esta mistura teña unha temperatura entre 18º e 24º).

3. Engáde-lo contido do sobre de fermento, bótao pola superficie pero non o revolvas. Tapa o cubo; a tapa debe permiti-la fuga do gas que se produce durante a fermentación, deixando sempre unha pequena saída para o CO 2 xerado, empregando unha válvula de fermentación. Déixao nun lugar morno (entre 18º e 24º), de 5 a 7 días para realiza-lo proceso de fermentación. Cando as burbullas deixen de subir á superficie da mistura a fermentación estará finalizada. Advertencia, se este proceso se prolonga moito máis tempo do debido, existe o risco de que se deteriore, polo que dito proceso debe ser controlado. Outro xeito de saber se xa finalizou a fermentación consiste en le-la gravidade específica durante 24h. (seguindo as indicacións do envase). Para realizar esta medición deberás empregar un Densimetro.

4. Transfira a cervexa en botellas ou barril de presión cun pouco de azucre ou spraymalt (1/2 culler pequena por pinta '500cc' o 85 gramos por barril de presión). Colocar as botellas ou barril nun lugar cálido durante 2/3 días. Despois hai que trasladalas a un lugar máis fresco, durante 14 días ou ata que a cervexa estea clara. Entón a cervexa xa estará lista para beber..... Pero, canto máis tempo estea madurando, mellorará a calidade.

En todos os envase inclúese instrucións detalladas e un sobre de fermento.




Copyright © 2006. Home Beer Ibérica